Boiro Turismo - Rutas de Senderismo

Rutas de sendeirismo

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Percorrerás a nosa serra e chegarás á beira do mar, pasando por paisaxes que che descubrirán  a nosa cultura e tradicións. Poderás facelo pola túa conta ou en percorridos guiados.

 


Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Ruta das Mámoas

Estes monumentos funerarios gardan a memoria dos antepasados

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 Ao chegar a esta paraxe terás a sensación de que estás nun lugar de descanso. Aquí o silencio é maior aliado da memoria das persoas que no seu día repousaron nos numerosos túmulos que compoñen a ruta. Chama a atención que os monumentos funerarios máis grandes que se conservan en Boiro estean, quizais para delimitar o territorio, no alto da península do Barbanza, nun páramo menos abrigado da forza do vento e a choiva. Crese que colocáronos aquí para delimitar un territorio.

 

ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con movilidade reducida.

CONTACTO:
Centro arqueolóxico do Barbanza
info@centroarqueoloxicodobarbanza.org
Tlfno: 981 843 810

VER RUTA EN WIKILOC

 


Ruta do Castelo de Vitres (PR-G 264)

Unha mostra do rico patrimonio natural, cultural e etnográfico que atesoura o noso concello

 Unha ruta que che permitirá partir do nucleo urbano de Boiro, dende o Rio Coroño en Brazos, atravesando os montes das nosas parroquias, hasta chegar ao alto da Serra do Barbanza. Unha ruta de gran beleza paixasística e riqueza patrimonial. O estratéxico enclave do Castelo de Vitres recompensa o esforzo do ascenso coas fermosas vistas da Ría de Arousa e do Estuario do Rio Coroño. 

 

ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con movilidade reducida.

CONTACTO:
Oficina de Turismo de Boiro
turismo@boiro.org
Tlfno: 981 842 654

 

VER RUTA EN WIKILOC

 

DESCARGA O FOLLETO DA RUTA

 

DESCARGA O ARQUIVO GPX

 


Ruta Circular do val do Coroño

Adentrate polos pobos e camiños do val aos pes da serra

 Unha ruta circular que parte da aldea de Comoxo, adentrase pola ribeira do río Coroño, onde veremos diversos saltos de auga e segue por camiños tradicionais ata chegar a Loxo, onde poderemos observar unha antiga fonte, un cruceiro, un pombal e as construcións típicas en granito. Seguindo o traxecto hasta Pomar do Río chegaremos ao Pozo de Cures. No camiño de  regreso ata Loxo de Abaixo é moi recomendable aproximarse ao muíño rehabilitado "Muíño da Señora" nun fermoso e fresco paraxe.

VER RUTA EN WIKILOC

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

EnglishEspañolFrancésGalego